Evacuado tras chocar de fronte contra a rotonda da entrada de Santa Comba

19:43 16/03/25
Na tarde deste sábado, arredor das 21:00 horas, un vehículo sufría un accidente no núcleo urbano de Santa Comba. O veciño de Pereira de Vilamaior entrou na rotonda recto sufrindo un forte impacto frontal.
De contado chegaron os Bombeiros de Santa Comba, a Policía Loca, tres patrullas da Garda Civil e os técnicos do 061. Despois dunha estabilización médica dunha media hora no mesmo lugar foi evacuado ao hospital de referencia en Santiago de Compostela.
O impacto foi de tal calibre que o vehiculo o que lle saltaron todos os airbag reboutou ata quedar mirando cara muebles Lois despois dun xiro duns 100 grados.