Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un febreiro dixital de trámites e Entroido amoroso por Santa Comba

Cousas de Santa Comba
Un febreiro dixital de trámites e Entroido amoroso por Santa Comba

Está a tope a rede de Santa Comba, nestes tempos de semiconfinamento.

Por un lado a Aula CeMIT está preparando un Curso Onlinre sobre trámites electrónicos. Comezará cunhas xornadas informativas o 8 e 9 de febreiro de 12:00h a 13:00h, e continuará o 22, 23, 24 e 25, de10:00 a 12:00h cunhas sesións máis instensas. Poden inscribirse no 664 374 883 ou no 663 746 523.

Mentres, dende a Asociación de Empresarios, preparan un entroido cheo de amor, mesturando a data carnavaleira co San Valentín. A entidade, ademais de sortear vales de compra polas compras nos establecimentos socios, invita a participar nun concurso, para o que hai que enviar unha foto disfrazado e degustando o almorzo, xantar ou cea mercado nun dos restaurantes que ofrecen comida para levar ou a domicilio, que quixeron unirse a esta idea.

Tendes ata o 17 de febreiro, enviando unha foto por whastapp aos 633 181 817 ou ao 618 856 411, e gañarás as fotos que máis “gústames” teñan unha vez subidas ao Facebook Empresarios de Santa Comba.

Novas relacionadas

Comentarios