A Libraría Ler de Santa Comba acolle unha nova presentación
09:34 14/07/21
A Librería Ler de Santa Comba, acolle este vernes a presentación dun novo libro, “La Vida Secreta de Úrsula Bas”. Un bo síntoma de que a recuperación da actividade cultural emerxe de novo.
A autora, Arantxa Portabales, achégase á activa libraría xalleira para debullar a súa novela. Será presentada pola xornalista Esperanza Calvo, e tamén participarán na charla a alcaldesa María Pose, e a responsable das librerías Ler da zona, Isabel Ares.