Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O loteiro de Santa Comba reparte 350.000 euros da ONCE

kiosco ONCE Santa Comba
kiosco ONCE Santa Comba
O loteiro de Santa Comba reparte 350.000 euros da ONCE

As cifras deixan claro que en Santa Coma toca moito. Tanto (55 millóns de euros entre 2000 e o 2019…) que a día de hoxe a xente ata presiona ao bo de Fran (realmente chámase José Gerpe pero toda a vila xalleira coñéceo como Fran), porque nos últimos non cae tanto.

Pero onte tocou. Fran vendeu 10 boletos premiados con 35.000 euros. Un total de 350.000euros que, espera, queden en Santa Comba, pois normalmente quen compra adoita ser cliente habitual da vila.

Unha gran alegría para este veteranos repartidor de sorte. Xa son 28 anos de vendedor da ONCE e conta, polo menos 8 ou 10 premios dos gordos.

Un orgullo para este loitador, moi querido na vila, coñecido ademais, a pesar das súas dificultades na vista, por ser un grandísimo cazador e pescador.

Fran Loteria Santa Comba pescador e cazador
Fran pescando

Novas relacionadas

Comentarios