Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis dun centenar de personas desfrutan das estrelas desde o Olimpo de San Bartolomeu

estrelas en San Bartolomeu de SAnta Comba
Máis dun centenar de personas desfrutan das estrelas desde o Olimpo de San Bartolomeu

O monte de San Bartolomeu no lugar do Busto foi o escenario dunha nova edición do Roteiro das Perseidas, actividade organizada polo Concello de Santa Comba dentro do programa "O Camiño das Estrelas, as Estrelas do Camiño" de O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Os participantes, chegados de diversos puntos da provincia, logo de camiñar desde o Busto ata o alto de San Bartolomeu, coñeceron de primeira man a través de José Ángel Docobo e dun dos técnicos do Observatorio, Pedro Pablo Prado, os planetas, estrelas e constelacións e unha fantástica lúa chea visibles desde este idílico espazo natural xalleiro.

Ademais da explicación especializada, o público participante puido exercer de astrónomo cos potentes telescopios instalados no entorno da Capela de San Bartolomeu.

Comentarios