Xoves. 05.08.2021
El tiempo

María Pose traslada á Xunta a necesidade de acometer melloras no Centro de Saúde

Gonzalo Trenor en Santa Comba coa alcaldesa Maria pose e Silvia Cancela
Gonzalo Trenor coa alcaldesa Maria Pose e a concelleira Silvia Cancela
María Pose traslada á Xunta a necesidade de acometer melloras no Centro de Saúde

Volveu o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, por Santa Comba,. tralo cambio de goberno, para trasladarlle á nova alcaldesa, María Pose, o “compromiso de colaboración da Xunta con este Concello”.

A alcaldesa deulle traslado da necesidade de abordar actuacións de melloras no centro de saúde e o delegado comprometeuse a estudar a proposta para levar a cabo obras no edificio

O delegado autonómico tamén confirmou no encontro que o concello de Santa Comba contará cun investimento de 45.500 euros para a mellora do acceso ás instalacións de bombeo do depósito de Santa Comba e ao depósito de subministro de auga en Padreiro dentro do Programa de Infraestruturas Rurais (PIR).

comentarios