mércores. 15.04.2026
El tiempo

Novas presentacións literarias en Santa Comba e Zas

arantxa portabales en zas
Novas presentacións literarias en Santa Comba e Zas

Semana de presentacións literarias na zona.

Arantza Portabales en Santa Comba

O mércores 15 de abril, celebrarase, ás 19 h, na libraría Ler de Santa Comba, a presentación de "Asasinato no muíño do cura", de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estará a libreira Isabel Ares.

Arantza Portabales é, sen dúbida, unha das voces imprescindibles da novela negra: unha autora de referencia, cunha traxectoria sólida, que leva anos conquistando milleiros de lectoras e lectores.
Regresa agora cun dos lanzamentos máis agardados do ano: "Asasinato no muíño do Cura", a nova entrega da serie “Os crimes de Loeiro”, tras "Asasinato na casa rosa".

Josefa Suárez en Zas

O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Josefa Suárez, nun acto que dará comezo ás 12:30 horas e contará con acceso libre e gratuíto.
Esta actividade enmárcase dentro do ciclo cultural sobre memoria e identidade ‘Mulleres e territorio’, inaugurado o pasado 28 de marzo polo Concello de Zas co obxectivo de poñer en valor o papel das mulleres na construción do territorio e na transmisión da memoria colectiva.
No acto de presentación participarán o alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a propia autora, Josefa Suárez, orixinaria do lugar de Vila, na parroquia zaseira de Meanos, quen compartirá co público as claves da súa obra e o proceso creativo que deu lugar a este libro.

presentacion mulleres no rio en zas

Comentarios