Luns. 22.04.2019
El tiempo

O Raio Vermello de Dombate

O Raio Vermello de Dombate
Raio Vermello polo Dolmen de Dombate

Onte festexamos o solsticio de inverno na pétrea porta do Milenario Dolmen de Dombate, o berce do megalitismos galego. E non fixo falta “foco con filtro” para un simulacro, pois ollamos, en directo, ese máxico raio vermello natural e impresionante. A maxia dos chamáns do Neolítico fíxose real neste primeiro amencer alucinante e impresionante! Medra Dombate, e Medra Cabana de Bergantiños.

Quixemos facer unha representación artificial dese raio vermello do neolítico no amencer do solstico de inverno nas portas do Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños, aquel monumento funerario pétreo do que falou Eduardo Pondal, e en plena representación…. apareceu no monte Gontón ese raio vermello, polo este, no mesmo intre exacto do amencer, pero, de verdade, natural, nun despexado entre as nubes, ante o espasmo ollar de todos nós. O meu soño, esa teoria que chaman pseudo-ciencia, como di a wikipedia… cando buscas megalitismo no google. Mais, non, non é unha unha teoria, non é un soño, non é imaxinación, non é unha das miñas tolemias absurdas, …. tampouco é literatura… é un raio real que mañán pola mañán cedo verei de novo, outra vez, se as nubes me deixan soñar esperto. Foi algo inolvidable.

Quixemos facer unha representación artificial e simbólica do que podería ser un amencer vermello, tal e como o faría o chamán do dolmen de Domate no 3000 antes de Cristo para ese acto funerario máxico no solsticio de inverno, cando se abria a porta de pedra no monumento funerario… nese acto funerario ancestral… pero, ante a sorpresa, miña, e dos asistentes ó acto, polo monte Gontón, no este da entrada do dolmen, xusto no momento dese amencer, o ceo iluminouse de roxo intenso por uns minutos e os guardians, esas figuriñas que custodian a entrada do dolmen, causaron esa sombra rosacea pero sen o foco, e dicir, de forma natural e real. Impresionante!!!

O que xa nomearon como “o coidador do Dolmen”, Lito, Angel Eiroa, parou as suas explicacións técnicas sobre o Dolmen, ante tal suceso, máxico e sorprendente.

Acertei pois coa miña louca teoría pseudo-científica porque ante todos os presentes… fíxose realidade o imposible.

Eran adoradores do Deus Sol, polo que elixiron alí, nese punto tan concreto, o Dolmen, a varios kilometros da canteira para que, no centro da gándara de Dombate (da que falou Eduardo Pondal, o Sol, causara esa iluminación vermella e alucinante, nesa data tan sinalada e clave do Solsticio… 22 de Decembro de 2015, que hoxe pasamos ao Nadal, para seguir, aínda agora coa celebración dese festexo, o nacemento do novo ciclo de luz e da medra da luz e do día… metáfora do renacer, da re-surrección da alma do enterrado, sempre xefes ou persoas moi importantes naquel tempo. A tradición do neolítico bergantiñán segue ainda moi vivo. Somos xa a Costa do Solpor, agora, moito máis ca nunca. Somos a Costa da Vida que desexa re-nacer outra vez.

Despois fomos a pé ata o Castro de Borneiro, A Cibdá castrexa, a 4 kilometros, e percorremos cada palmo do Castro, e alí decatámonos de que a entrada principal e o camiño central da cidade castrexa tamén esta orientada cara o solsticio de inverno no seu amencer… que casualidade non?

Falou tamén Jose Antonio Andrade (o escritor de Coristanco) que tamén nos acompañou. Moi interesado polo acto e pola data e polo acontecido.

Eu, ademais de falar da miña teoría do raio vermello e a importancia do solsticio de inverno …. recitei un poema que fala do tema, por suposto, pouco despois dese amencer natural vermello, en riguroso directo, ante sorpresa e asombro do público asistente a este primeiro festexo da gran data do noso pasado, hoxe re-nacido.

Lito, Angel Eiroa, comentounos tamén que o ano pasado uns arqueologos especializados en cosmo-arqueoloxia pedíronlle permiso os seguritas do Dolmen para abrir a tapa de pedra do Dolmen nese momento do solsticio de inverno no 23 de decembro do ano pasado (2014) para ver , en persoa, como se iluminaba en tonos rosaceos o interior do Dolmen, pero, por suposto, non lles deixaron, para non estropear tan importante peza.

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios