xoves. 01.05.2025
El tiempo

Pesar en Santa Comba polo pasamento de Manuel Rieiro

Manuel Rieiro en Santa Comba
Manuel Rieiro durante a presentación do seu libro en Santa Comba
Pesar en Santa Comba polo pasamento de Manuel Rieiro

Figura clave no irmandamento de Santa Comba con Río de Janeiro, Manuel Rieiro Romar falecía este pasado 27 de agosto aos 81 anos de idade. Este luns 29 de agosto terá lugar o seu enterro ás 16:00h en San Pedro de Cícere.

Falamos dun dos hostaleiros máis importantes da historia da emigración galega ao Brasil, que mesmo ten escrito un libro “Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil”, escrito por Miguel Boo. O de Cícere tivo numerosos restaurantes na vila brasileira, onde pasaba a jet set do país, dende os artistas locais máis representativos como Joao Gilberto ou Vinicius de Moraes, ata figuras singulares que pasaban polos seus locais (sobre todo o Antonio’s) como Polanski, Mick Jagger, Frank Sinatra, ou mesmo a raíña de Inglaterra.

Aquí queda a presentación do libro realizada en 2015 en Santa Comba:

Artigos sobre Brasil

Comentarios