Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Por un vial decente e non unha corredoira

Manifestacion de vecinos de Grixoa e Esternande-Foto-Vecinos de Esternande
Manifestación de veciños de Grixoa e Esternande- polas rúas de Santa Comba. Foto-Veciños de Esternande
Por un vial decente e non unha corredoira

Son máis de 20 anos sentíndose esquecidos. Os veciñ@s das parroquias de Grixoa e Esternande, no linde con Coristanco, consideran que o Concello fai caso omiso das súas plegarias. Unhas peticións que non vai máis alá do arranxo dunha estrada, a que vai de Grixoa de Esternande e San Salvador e que se atopa nun estado lamentable.

A gota que colmou o vaso acontecía no pasado pleno do mes de decembro, cando sobre a mesa estaba a reforma integral da vía a conta do POS 2020 proposta polo alcalde e único edil de CxG. Pero os votos negativos do seu socio de goberno, o grupo socialista, e a falta de dous edís do PP, botaban abaixo a proposta. Así, a Asociación de veciños de San Salvador e a de Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo decidiron saír á rúa, e así o notaron este pasado sábado 4 de xaneiro.

Manifestacion de vecinos de Grixoa e Esternande-Foto-Vecinos de Esternande 3

”Estrada Xa!!” ou “Santa Comba morre. Inversión no rural Xa”, foron algunhas das pancartas que os máis dun centenar de veciños (ademais dos dous lugares tamén había de zonas colindantes como Castriz ou mesmo Coristanco) amosaron polas rúas xalleiras. Partiron da Casa do Concello e pasearon as bocinas e as pancartas por varias rúas da vila, ata a Casa da Cultura (ida e volta) recibindo o apoio masivo da veciñanza.

Cargaron tanto contra o PSOE como contra o PP, e só Monste Almozara (CxG) e o voceiro do BNG, un Alexandre Antelo sen representación no pleno, acodiron á apoiar esta “xusta reivindicación”.

Todo por convertir a corredoira nunha estrada transtitable (“non queremos unha autoestrada”, explica un dos voceiros, Xosé Abelenda). Unha demanda máis que básica no comezo da terceira década do século XX.

Manifestacion de vecinos de Grixoa e Esternande-Foto-Vecinos de Esternande 2

Novas relacionadas

Comentarios