Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Poxa de Xovencas de Santa Comba: “Asunción Sound System Agenda” foi adquirida por 2.500 euros

Poxa de Xovencas de Santa Comba
Poxa de Xovencas de Santa Comba: “Asunción Sound System Agenda” foi adquirida por 2.500 euros

Volveu convertirse Santa Comba na capital do sector gandeiro de toda Galicia, coa XX Poxa de Xovencas ou Subasta de Gando Frisón galego. Concello e Africor organizaban esta feira á que acodiron centos de persoas de toda Galicia, para refrendar a importancia do sector no noso país.

O volume de ventas superou os 45.000€, sendo a vaca máis cara unha da gandería Cunordam SC de Zas, que valiu 3.500€ e que foi parar a unha granxa de Santiago. O prezo medio das 21 vacas vendidas rondou os 2.500€.

Houbo granxas compradoras de Mesía, Trazo, Mazaricos, Dumbría, Carballo, Zas, Santiago ou Muxía.

Caso aparte merecen os nomes das vacas. A máis chamábase “Cundíns Energy Artist”, pero é que atopamos casos como Serpe Soraya Randolph”, “Nuveira Pichona Delano”, “O Rubio Goal 8259”, “Cundíns Rosalía DJ FIV ET”, ou mesmo “Asunción Sound System Agenda”.

Poxa de Xovencas SAnta Comba 202

Foto de premiadas na Poxa de Xovencas de Santa Comba
Foto de familia

 

Poxa de Xovencas-Postos
Postos comerciais

Comentarios