Venres. 19.04.2024
El tiempo

Reaberto o cuartel da Garda Civil de Santa Comba tras un brote de coronavirus

Cuartel da Garda Civil de SAnta Comba
Reaberto o cuartel da Garda Civil de Santa Comba tras un brote de coronavirus

Este sábado a Garda Civil celebraba unha nova moi positiva. Despois de varios días pechado, reabríase este domingo o Posto de Santa Comba con 4 Gardas. O pasado mércores varios Gardas Civís amosaron síntomas polo que o cuartel estivo pechado dende o xoves. Un Cabo e un Garda daban positivo, e ao ser tamén lugar de residencia de boa parte dos profesionais, houbo que tomar medidas.

Finalmente, tras facer a proba, o Sarxento e outros 3 gardas deron negativo no test, quedando un Garda por facer a proba.
Os que deron positivo, evolucionan ben, de momento, segundo informa a Benemérita.

Mentres, dende o Concello, o alcalde xplicou que esta semana houbo un desbordamento de pacientes no Centro de Saúde esta mañá de sábado 28.

Comentarios