Sábado. 20.04.2024
El tiempo

RiXallas: Santa Comba volve rir

Ciclo de Monologos rixallas 2020
RiXallas: Santa Comba volve rir

Volve rir o Concello de Santa Comba coa volta, máis necesaria que nunca, do ciclo de monólogos RiXallas. A 6ª edición deste divertido ciclo chega coas novidades do protocolo covid, con recollida de invitacións na Casa da Cultura e na Biblioteca, dende o comezo de semana, para que os venres 9, 16 e 23 de outubro se poida acodir ao espectáculo.

Os protagonistas serñan Oswaldo Digón, Fede Pérez e Isi, do melloriño que temos en Galicia na materia. As citas ás 22:00h no Multiusos.

Tantas gañas hai de rir que en un só día xa se esgotaron as entradas para a primeira sesión, así que estean atentos.

Outono Cultural

O ciclo é perfectamente compatible coa programación do Outono Cultural, que tamén firma un soldout para o concerto deste domingo con De Vacas.

Comentarios