Santa Comba abre un certame de cabazas terroríficas por Samaín

11:15 27/10/21
Pouco movemento vemos este ano arredor do samaín nos Concellos costeiros. Unha festa que parece que sobrevive unicamente gracias aos centros de ensino, que si animan ás familias a seguir recuperando e disfrutando da súa singularidade.
Por Santa Comba preparan dúas actividades. Por un lado, un concurso de cabazas, pensado para nen@s nad@s entre 2009 e 2018, que terán que levar a súa cabaza máis terrorífica á Biblioteca antes das 14:00h deste venres 29 de outubro.
Ese mesmo venres, ás 18:00h, Teatro Gazafelhos-Urdime trae os seus “monstros no Camiño”, como previa á entrega de premios do certame.
Cómpre inscribirse aquí.