Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba abre un curso de Dinamización Comunitaria e as clases preparatorias para o Celga

Cursos Santa Comba
Santa Comba abre un curso de Dinamización Comunitaria e as clases preparatorias para o Celga

Segue formando a Oficina de Formación e Emprego de Santa Comba. Primeiramente, e da man do PEL da Deputación, pon en marcha o Curso “Dinamización Comunitaria” para sacar o certificado de profesionalidade para facer animación sociocultural, ser técnico, axente de desenvolvemento local…

O curso consta de 692 horas, e comezará en febreiro, estando aberto o prazo de inscrición ata o 31 de xaneiro.

Celga

Tamén están abertas as clases preparatorias para o exame de galego Celga 2 e 3, que se imparten luns e xoves de 17:30h a 18:30 no Edificio multiusos a partir do 31 de xaneiro.

Poden cubrir xa o formulario de inscrición.

Comentarios