Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba acolle un curso de Manipulador de Produtos Fitosanitarios e estuda a realizaciión dunha feira agrícola

Este martes hai xornada de doazón na unidade móbil
WhatsApp Image 2021-08-02 at 19.23.21
Santa Comba acolle un curso de Manipulador de Produtos Fitosanitarios e estuda a realizaciión dunha feira agrícola

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico. A acción formativa impartirase no Edificio Multiusos de Santa Comba en horario de 15:30 a 20:00 horas dende este xoves 5 ata o vindeiro 12 de agosto, e está formulada para profeisonais da agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

O curso -que contará cunha duración de 27 horas repartidas en seis xornadas de tarde- centrarase en que os agricultores consigan unha formación adecuada para realizar tratamentos fitosanitarios nas súas explotacións sen emprego de persoal auxiliar e, á súa vez, en capacitalos para obter o carné de aplicador de nivel básico, necesario para exercer esta actividade a nivel autonómico e estatal.

Así, ao longo da acción formativa non só se tratarán os distintos produtos fitosanitarios e os métodos de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación, senón tamén os riscos derivados do seu uso tanto para o medio ambiente como para as persoas, xunto cos equipamentos e EPIs (Equipos de Protección Individual) axeitados para o seu emprego. Así mesmo, trataranse cuestións como as pragas dos cultivos e as técnicas adecuadas para o seu control, ademais de especificar produtos fitosanitarios ilegais. 

Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico [email protected]. Tamén poden chamar ao número 881 997 483 para máis información.

Feira do Automóbil e Agrícola

A Asociación de Empresarios prepara unha reunión paera este xoves para estudar a posibilidade de facer unha Feira do Automóbil e Agrícola.

 

DOAZON

doazon en Santa Comba

Comentarios