Luns. 06.05.2024
El tiempo

Santa Comba celebra un completo 8M

Programa 8m en Santa Comba
Santa Comba celebra un completo 8M

O Concello de Santa Comba presenta a programación con motivo do Día Internacional da Muller. Primeiramente o Concello lucirá lazo morado para dar conta dun programa que pretende chegar a diversos públicos, entendendo que a educación en iguadade ten que comezar dende o berce e acompañarnos durante toda a vida. 

Realizarase un reparto de libros nos Centros Escolares e Escola Infantil Municipal e o Concurso "Busca pistas 8M" organizado polo Programa de Emprego e Xuventude 2023.

O programa desenvolverase principalmente o sábado 9 de marzo, arricando ás 11:00h, cun Obradoiro de Defensa Persoal impartido pola Asociación de Taekwondo IN-NAE, da man do campión Fernando Baña.

O edificio multiusos acollerá ás 20:30h a inauguración da Exposición fotográfica "8M 2024 - Historia viva de Santa Comba".

E pecha a xornada do sábado ás 21:00h, toca obra de teatro ANSELMA & LUISA - pola Compañía El telón Negro.

Xa o domingo toca Andaina pola Igualdade, para a que te podes inscribir no 981 10 43 09.

Comentarios