Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba charla sobre os libros en galego

PRESENTACIÓN LIBROS NOBEL SANTA COMBA
Santa Comba charla sobre os libros en galego

O vindeiro xoves 3 de marzo, ás 19:30h, a Casa do Pozo de Santa Comba acolle unha presentación especial. Haberá unha mesa redonda sobre a publicación de dous libros de premios Nóbel editados na nosa lingua: “Vinte poemas de amor e unha canción desesperada de amor”, de Pablo Neruda, e “Crónicas dunha morte anunciada”, de Gabriel García Márquez. Dúas obras traducidas ao galego por X. Amancio Liñares Giraut e María Rey.

Na mesa redonda, ademais d@s autor@a da tradución, estarán as filólogas e escritoras Carmen Blanco e Mª Carmen Parafita; os profes de galego Ramón Blanco e Antonio Puentes, e Manu Iglesias, mestre e concelleiro de educación do Concello de Santa Comba.

Comentarios