Domingo. 19.05.2019
El tiempo

Santa Comba entregou os seus premios escolares das Letras Galegas

Foto de familia dos gañadores do Concurso das letras galegas de Santa Comba
Foto de familia dos gañadores do Concurso das letras galegas de Santa Comba
Santa Comba entregou os seus premios escolares das Letras Galegas

Este pasado mércores tivo lugar a entrega de premios do concurso de redacción “As Nosas Letras” de Santa Comba. Houbo catro categorías e unha manchea de premiados, e foi a alcaldesa xalleira María Pose, a que presidiu a entrega.

Estes foron os gañadores:

  • Andrea Forján Barcia (Nosa Sra Inmaculada) gañou na categoría de primeiro curso de primaria.
  • Marcio Landeira González (Nosa Sra Inmaculada) no 2º e 3º curso,
  • Lucía Vila Silva (CEIP Barrié de la Maza) no 4º curso.
  • Nuria Lourido Romar (Ntra Sra. Inmaculada) na categoría que recolle os participantes do 5º e 6º curso de primaria.

Houbo accésits nas distintas categorías para Sofía Casais Pazos (Barrié de la Maza), Suso Vilar Calvo (CRA Santa Comba), Raúl Martínez Capelo (Ntra Sra Inmaculada) e para Soraya Paredes Negreira (Barrié de la Maza).

Entregando os premios de ganadores de Santacomba

Comentarios