9 locais participan na volta da Ruta de Tapas de Santa Comba
Volven correr as tapas polos bares de Santa Comba. Do 5 ao 15 de maio, estará en marcha a 12ª edición do Santa Comba de tapa en tapa, da man da Asociaciónd e Empresarios, Concello e Deputación.
Participan 9 locais: Hotel Xallas, Cafetería San Rafael, Talladas Gastrobar, Restaurante Tío Paco, O Novo Salgueiro, Bar Pive, A Nosa Vila, Cervexería Triskel e Restaurante Cervantes.
Os prezos das tapas serán de 1,5euros e os horarios son xoves e venres de 19:00h a 23:00h, e sábados e domingos de 12:00h a 15:00h e de 19:00h a 23:00h.
Ademais, os sábados 7 e 14 haberá pasarrúas na sesión vermú de Axio Mouro e Mariachi Sol de Galicia-
O xurado será dirixido por José Antonio Brenlla, do Restaurante Ferro, e haberá premios para os comensais como para os profesionais.