Martes. 09.08.2022
El tiempo

Santa Comba retoma as actividades municipais e invita á doar sangue na unidade móbil

Doa sangue santa comba
Santa Comba retoma as actividades municipais e invita á doar sangue na unidade móbil

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, vén de anunciar nun bando emitido a través das canles de comuncación coa veciñanza (por exemplo, o servizo de Avisos do whastapp aberto a todo o que desexe no 673 34 68 55), que hoxe, luns 17 de xaneiro se retoman as actividades municipais.

Unhas actividades que foran suspendidas o pasado luns 10 de xaneiro debido a situación sanitaria. A día de hoxe hai 263 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días no concello xalleiro.

Doazón

Paralelamente, o Concello anima á veciñanza á doar sangue. Este martes 18, a unidade móbil de Doazón estará diante do Centro de Cultura de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h.

comentarios