Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba recupera os programas xuvenís locais e europeos

Intercambios de Santa Comnba Europa
Intercambios de Santa Comba con Europa
Santa Comba recupera os programas xuvenís locais e europeos

Vén de anunciar o Concello de Santa Comba unha ampla batería de propostas para a súa mocidade. Intercambios, deporte, saídas… o Concello aproveita as posibilidades que ofrece a Iniciativa Xove, os programas de intercambios culturais e educativos, coa colaboración da Asociación Ser, e cos fondos Europeos e autonómicos.

Tras dous anos de menor actividade, estas oportunidades volven supoñer fiestras abertas ao mundo para a poboación xuvenil.

Intercambios

Gran oportunidade de ver mundo o programa de intercambios que están xa a piques de desenvolverse, polo que se tes entre 18 e 30 anos, chama xa ao 679815654.

Actividades fluviais con Iniciativa Xove

Pesca e recollida de lixo en Santa Comba

Paralelamente o Concello retoma tamén o gruo de recollida de lixo nas marxes do río Xallas. Un xeito ideal de disfrutar da natureza fluvial e deixalo máis limpo do que estaba. Podedes apuntarvos en [email protected].

Tamén da man de Ser, e no marco das axudas da Xunta para a Xuventude, organizan unha xornada informativa sobre a Lei de Pesca Fluvial. Podedes inscribirvos igualmente neses contactos.

Estas actividades son só unha pequena mostra dos moitos que están previsto desenvolver nos vindeiros meses, e que se anunciarán oportunamente en canto se vaian pechando flecos coas diferentes administracción.

Comentarios