Luns. 18.11.2019
El tiempo

Santa Comba volverá convertirse no epicentro galego do Autocross e o Rallymix

Imaxe do Rallymix celebrado en Santa Comba en 2016
Imaxe do Rallymix celebrado en Santa Comba en 2016
Santa Comba volverá convertirse no epicentro galego do Autocross e o Rallymix

Está en marcha o programa de actos de primavera do Concello de Santa Comba. A principal novidade será o regreso ao municipio do automovilismo, que o fará con dúas probas de dúas especialidades distintas. A fin de semana do sábado 28 de marzo, disputarase unha nova proba de Autocross e o fin de semana do 30 e 31 de maio unha de Rallymix.

O Autocros organizouse por primeira vez no municipio no ano 1999 convertíndose nun clásico de Galicia disputándose no circuito de Marlán de forma ininterrumpida ata fai dous anos. Agora novamente e da man da Escudería local Esa Motor, o Concello de Santa Comba recupera unha proba que trouxo a Santa Comba a varios campións de España, como Perfecto Calviño ou Iván Ares, referencia nacional do automovilismo, campión de España en varias especialidades, piloto oficial Hyundai e que no seu curriculum conta con debutar no automobilismo no circuito de Santa Comba. O concello e Esa Motor non só recuperan a proba para o municipio senón tamén o seu privilexio como proba inaugural da tempada.

Santa Comba tamén foi un dos concellos pioneros na especialidade do Rallymix desde a súa creación, pero deixou de contar con apoio municipal fai dous anos, ao mesmo tempo que co autocross, a pesar, según manifesta o tenente de alcalde José Antonio Ucha ”de que a capacidade hoteleira no municipio estivo ao 100% e os restaurantes a tope, porque solo en organización e equipos de competición se movilizan máis de 500 persoas, e moitas delas xa chegan o municipio o vernes, con equipos de toda Galicia, Asturias, Castela e León e mesmamente Portugal. Este ano estamos traballando tamén para acercalo o centro urbano municipal e concentrar todo o centro de operacións, saída e chegada na zona do recinto feiral”.
O Rallymix de Santa Comba será puntuable para once especialidades automovilísticas entre as que se atopan as de vehículos de ata 1.600 cc, de 1.600cc ata 2.000cc, de 2.000cc. ata 3.000 cc, máis de 3.000cc, vehículos de cartcross, supercroscar 4x4, vehículos de montaña, vehículos históricos ou quads biplaza con volante ou prototipos autorizados, entre outros.

A organización de ambas probas ratificaránse formalmente na asamblea xeral de Federación Galega de Automobilismo que se celebrará a final de ano.

Costa da Morte, potencia na materia

Santa Comba volve así o epicentro dunha das zonas automovilísticas máis importantes de España, con todo o mevemento ecónomico e de afeccionados que elo conleva. A Costa da Morte tamén está en noraboa cun espectacular calendario automobilístico o lado da casa con 5 probas en catro meses de catro especialidades diferentes das seis que se disputan en Galicia. Autocross Santa Comba o 21 de marzo, Rally de Noia 17, 18 e 19 de abril, Autocross de Carballo 25 de abril, Rallymix Terra de Xallas o 30 e 31 de maio, Subida a Dumbria 13 e 14 de xuño.

NOVAS RELACIONADAS

FONTE

Comentarios