Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Iván Corral: “Estamos traballando nun Rally da Costa da Morte”

Iván Corral: “Estamos traballando nun Rally da Costa da Morte”
Ivan Corral-Presidente Federacion Galega Autombilismo-Foto-AutoSprint Ivan Corral é o Presidente Federación Galega Automobilismo-Foto-AutoSprint

Este sábado 13 de febreiro, o Multiusos de Santa Comba acolle a Gala Campións 2015 do Automobilismo Galego. A partir das 19:00h o máis granado do mundo do motor encherá a campital xalleira. E para ver como se presenta a cita, falamos co Presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral Pérez, que nos deixa esta perla sobre a posible recuperación daquel Rally 1000vistas, así como valora moi positivamente o estado de saúde do automobilismo en Galicia.

Gala Campions 2015 da Federacion Galega Automobilismo en Santa Comba  
  • QPC: Como se presenta a Gala de Campións 2015 en Santa Comba?

Iván Corral: Preséntase ben, moi ben. Levamos todo o venres xa aquí, preparando todo o material, os técnicos xa preparando a televisión para streaming na web da Federacion, e tamén as xentes de Localia preparando para a gravación e emisión en diferido. Os presentadores van ser Antonio e Rocío, de Localia TV, do programa Cambio de Rasante.

 
  • QPC: Que nomes propios sairán ao estrado?

Iván Corral: Álex Pais, Alberto Meira, Manolo Senra, Iván Ares, Tino Iglesias… todos os grandes que teñen triunfado nos Campionatos de Galicia estarán aquí. Ímoslle dar aos campións e subcampións de todas as modalidades da tempada 2015.

Pero é que tamén teremos xentes como Florenci Caso, máximo directivo de Pirelli España para entregar os galardóns das Copas Pirelli en Galicia. E así como o resto de patrocinadores das Copas galegas.
non, estará o Alcalde de Santa Comba, que pechará o acto. E Teremos tamén a un Xeral Xefe da Garda Civil, pois ímoslle dar un Galardón como recoñecemento ao traballo da Garda Civil pola súa axuda ao noso deporte nos últimos 15 anos. Sobre o asunto da Garda Civil que alzou á voz remítome ao comunicado que publicamos na web da Federación, é mellor non falar máis sobre o tema.

 
  • QPC: Como valora o estado de saúde do automobilismo en Galicia?

Iván Corral: Galicia é unha terra de automobilismo, e sumando siareiros, estamos a mesma altura que o fútbol, temos igual capital humano nas cunetas. Somos un espectáculo natural e gratuito, e somos entidades sen ánimo de lucro as que organizamos os eventos deportivos. Por iso temos que reivindicar que as administracións teñan en conta isto e valoralo de cara ás subvencións. Reivindicamos que a Xunta, Concellos e Deputación sexan máis xenerosos cos nosos eventos.
Cómpre lembrar que hai un automobilismo moi vivo, que en Galicia é onde hai máis inscritos. E somos a única comunidade que dá premios en metálico para facilitar que os deportistas poidan superar os problemas económicos, porque sabemos que é un deporte caro e o que queremos incentivalos.

 
  • QPC: Daquela, non cres que a subida das licencias nestes momentos non é unha bo idea?

Iván Corral: Dende o 2010 as licencias tiñan un prezo, pero eran licencias que emitíamos e cobrábamos as Federacións Autonómicas. Como todos sabedes a vicepresidenta do goberno do PP emitiu unha nova Lei do Deporte, pola cal só temos unha licencia única en toda España. As Federacións Autonómicas somos as que cobramos esas licencias e pero temos que repartilas coa Federación Estatal, de aí a necesidade de subir lixeiramente os prezos. É unha Lei que nos perxudica a todos. E se ben de 300 a 350€ non é moitísimo, si sabemos que a esto hai que sumarlle todos os gastos de neumáticos, carburantes… Todo o que sexa grabalo é facer máis difícil practicar o deporte.

 
  • QPC: Que opina das probas disputadas na Costa da Morte, as celebradas en Noia, Carballo e Santa Comba?

Iván Corral: Son probas moi importantes para o circuito. Non son nin moito menos probas de recheo. Isto non é auga de verán, hai xente moi entregada que leva moitos anos traballando detrás. O Rali de Noia é un clásico de Galicia. O Autocross de Santa Comba é fundamental. Ademais temos xentes importantísimas no circuito galego, como Víctor Senra ou Amador Vidal. Creo que obras son amores e non boas razóns.

 
  • QPC: Poderemos ver algunha proba máis para este ano na nosa comarca?

Iván Corral: Estamos moi agradecidos ao trato recibido polas xentes de Santa Comba, agradecemos a aposta decidido ao noso Deporte, e vimos aquí en agradecemento.
Pero xa que o dis, temos unha proba emerxente, temos a proposta dun Rally para a Costa da Morte. Hai varios alcaldes que xa se puxeron en contacto con nós, e imos para adiante. É unha zona moi bonita e imos volcarnos con eles. A idea é moi boa, e pola Federación non vai quedar, axustaremos os presupostos todo o que sexa posible.
Xa antigamente tivemos un Rally que era un éxito, o Rally 1000 vistas, e recuperalo será fantástico.

 
  • QPC: Que opinas da non celebreción de ralis míticos como o Botafumeiro ou Rías baixas?

Iván Corral: Esa é a cara mala, e é debido as idas e vidas no eido da política, e que hai grupos politicos que non cren no deporte do automóbil. E aquí, segundo quen goberne se aposta por unhas cousas ou outras. Se non é estable a educación, imaxínate o Deporte. Os que levamos tempos, sentimos moito estes devaneos entre os que apostan e os que non Aféctanos moito no eido orzamentario, e estes son dous bos exemplos. Por exemplo, Vigo apostan pola base, pero en Santiago aposta pola élite (Obradoiro) e non pola base. Por iso hai probas míticas que están pasándoo mal. E hai outras probas emerxentes, como a da Costa da Morte, e imos volcarnos con elas.

 
  • QPC: Cal e a túa opinión sobre o pilotos costeiros con máis nome, Amador Vidal, Manolo e Víctor Senra? Que aportan ao deporte galego?

Iván Corral: Teñen un valor engadido. Víctor Senra é campión de España de Copas, todo un referente E que dicir de Amador Vidal, dúas veces campión de España, e é moi difícil facelo dous anos seguidos. Ademais, o seu pai, Amador creou unha industria, e referente en España, facendo coches para toda España con Suzuki, e serve para que Galicia estea en primeira liña de competición como na construción de vehículos de competición. Son unha familia enriquecedora e un orgullo para Galicia.

 
  • QPC: Coñeces a alguha das novas promesas costeiras como Heri Atán, Juan Lojo ou Pedro Carballo?

Por suposto si, porque eu, ademais de Presidente, son afeccionado. Eu fun pinche de cociña e cociñeiro. Xa gañei moitas probas detrás do volante e agora son un gran siareiro e tamén vou ás cunetas e xa os teño visto correr nalgunha proba. Os que somos puristas estudiamos as listas de tempos, de problemas que tiveron os pilotos…

Fonte

Comentarios