Martes. 11.08.2020
El tiempo

#SantaCombaQuedanaCosta e lanza un singular concurso de vídeos para pasar a corentena

#SantaCombaQuedanaCosta e lanza un singular concurso de vídeos para pasar a corentena

Singular iniciativa da Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Formación e Xuventude de Santa Comba para amenizar a estancia nas casas durante o periodo de Estado de Alarma. Como nos conta Huelvis, un dos seus activos técnicos municipais organiza o concurso interactivo de vídeos baixo o cancelo #SantaCombaQuedaNaCasa, enfocado a rapaces/zas de 3 a 14 anos (e familias).

Os vídeos, sen pasar dos 2 minutos, poderán amosar actividades diarias dos rapaces/as coas súas familias na casa: Estudo, aprendizaxes varios, exercicio e deporte, mostras de ánimo e apoio aos colectivos que teñen especial traballo durante estas difíciles datas…

Os videos serán publicados polos país/nais/tutores co cancelo #SantaCombaQuedaNaCasa, etiquetando as redes sociais do Concello de Santa Comba en Facebook SANTA COMBA Info+, e en Instagram @santa_comba_info.

O prazo será dende o venres 20 de marzo ata o domingo 29 de marzo. E gañará o que máis “gústame” acade. O primeiro premio levará un lote de libros en galego e o segundo un lote de material deportivo.

Fumigando

Santa Comba tamen fumiga os espazos publicos
Santa Comba, ademais, é un dos concellos que está esterilizando todas as vías.

comentarios