Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Servizo de Atención Temperá de Santa Comba e A Baña, que atende actualmente a 62 nen@s, abre as súas portas

Servizo Atencion Tempera Santa COmba A Bana
Na foto, de esquerda a dereita: o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar; Estefanía Calvelo, concelleira de Servicios Sociais; Mª Carmen Torreira, coordinadora e Terapeuta Ocupacional do Servicio de Atención Temperá de Santa Comba-A Baña; Mónica González Blanco, concelleira de Acción Social, Cultural e Servicios á Cidadanía do concello de A Baña e José Antonio Pereira, alcalde de A Baña.
O Servizo de Atención Temperá de Santa Comba e A Baña, que atende actualmente a 62 nen@s, abre as súas portas

A agrupación de concellos de Santa Comba e A Baña quere dar a coñecer o importante labor do seu servizo de Atención Temperá. Faino aproveitando a data do 16 de xuño, Día Nacional da Atención Temperá, dándolle a máxima visibilidade a este servizo que atende na actualidade a 62 nenos de ambos termos municipais.

Para iso iso celebrarán unha xornada de portas abertas este venres 14 de xuño nas instalacións da Casa da Cultura do concello xalleiro.
Ó longo do día o Servizo de Atención Temperá permanecerá aberto ao público de 9:00h a 10:30h e de 12:00 a 15:00h co obxectivo de dar visibilidade e permitir que as familias que se acheguen a coñecer este recurso poidan consultar dúbidas coas profesionais. 

Tamén se levará a cabo un Taller de estimulación a través do xogo no chan, dirixido a bebés de 3 a 9 meses acompañados polo seu coidador principal. No seu transcurso facilitaráselle ás familias diferentes pautas de motricidade, comunicación, autonomía e estimulación sensorial.

A concelleira de Servizos Sociais do concello de Santa Comba, Estefanía Calvelo, explica que “a xornada quere ser unha xanela que brinde a oportunidade de coñecer algunha das ferramentas entre o conxunto de intervencións que o servizo oferta a diario a nenos e nenas de 0 a 6 anos así como ás súas familias, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social”

Comentarios