Sufocan de madrugada un incendio nunha granxa de Santa Comba
Os Bombeiros tiveron que sufocar un incendio nunha granxa de vacas en A Pereiriña, na parroquia de A Pereira, no concello de Santa Comba. Os feitos aconteceron ás 2:00h da madrugada do sábado ao domingo, e tiveron que acodir os Bombeiros de Santa Comba e tamén os de Carballo xa que a nave era grande e estaba próxima a unha vivenda.
Xa no punto do incidente, procederon a coordinarse para abastecer aos dous camións de bombeiros de Santa Comba. Tamén había dúas motobombas de axentes forestais da Xunta de Galicia e un tractor cisterna con 12.000 litros de auga.
Ningunha persoa resultou ferida nin tampouco os animais, xa que estaban fóra da granxa. A vivenda situada ao carón tampouco sufriu danos.
No operativo participaron unha patrulla da Garda Civil de Santa Comba, Protección Civil da localidade.