Teatro e Tapas maridan en Santa Comba

11:00 13/11/19
En marcha continúa o V Ciclo de Teatro de Santa Comba, que este venres trae ao Edificio de Servizos Múltiples á compañía Malasombra Teatro. E que mellor que acompañar unha boa sesión teatral que cunhas tapas. Pois xa temos o plan feito para a fin de semana, porque do 15 ao 25 de novembro, arrinca a Ruta de Tapas Santa Comba de tapa en tapa.
10 establecimentos únense a esta típica cita gastronómica que nunca falla. Por 1,50 podes probar as tapas mellor traballadas da hostalería xalleira.