Venres. 29.03.2024
El tiempo

A veciñanza de Santa Comba participa na estratexia dos fondos Leader

Participacion Leader Santa Comba
A veciñanza de Santa Comba participa na estratexia dos fondos Leader

Como xa se fixeron as asociacións da Costa da Morte agora tócalle á veciñanza da comarca de Compostela formar parte da elaboración da estratexia Leader 23/27. No marco do proceso de apertura que obriga a Unión Europea en clave de participación cidadá, o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela convoca unha xuntanza baixo o título “Aquí vives, aquí decides”.

A cita será este xoves 1 de decembro ás 20:30h na Auditorio Edificio Multiusos de Santa Comba.

Enquisa online

En caso de non poder asistir presencialmente á xuntanza, poderías participar igualmente, cubrindo esta enquisa online, xa que a súa opinión e o coñecemento da realidade do seu ámbito de actuación son de gran importancia para o desenvolvemento da zona e de cara á planificación estratéxica.

Poden solicitar máis información en [email protected] ou na oficina de Turismo de Santa Comba, na Casa do Pozo (663 728 968).

Novas relacionadas

Comentarios