Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As entidades elaboran co GDR a estratexia do Programa Leader 23-27

Sesion do GDR Costa da Morte
Imaxe do Foro celebrado en Baio
As entidades elaboran co GDR a estratexia do Programa Leader 23-27

Semana activa para o GDR Costa da Morte. Os técnicos e responsables da entidade mantiveron varias reunións coas entidades sociais, veciñais e empresariais para artellar a estratexia do Programa Leader 2023-27. 5 reunións, nas que participaron 110 persoas, que completaron o proceso de participación, que pretendeu reforzar a participación activa de institucións, entidades e cidadania da Costa da Morte.

Segundo Foro de Desenvolvemento Rural

O martes lugar no Centro Sociocultural de Baio o Segundo Foro de Desenvolvemento Rural para a elaboración da estratexia do programa Leader. Diferentes concellos ou entidades sociais. Participaron un número importante de empresas do territorio, asociacións veciñais, do ámbito social, comunidades de montes, asociacións de empresarios, asociacións de turismo e representantes municipais, entre outros.

Xuntanza entidades GDR Costa da Morte

”O principal obxectivo desta reunión foi o de facer unha diagnose da situación actual do territorio, para integrar na elaboración da citada estratexia”, explica o xerente Jose Antonio Vila. “O envellecemento da poboación, a dispersión poboacional e a falta na dotacións de servizos, son as principais problemáticas que se detectaron en todas as reunións que se celebraron. Deste xeito, problemáticas como o acceso ao transporte público, ás deficiencias no acceso ás novas tecnoloxías da comunicación, o acceso a infraestruturas e servizos básicos, a necesidade de profesionais especializados para o desenvolvemento de tarefas no ámbito agrogandeiro ou forestal, lastran a creación de novas empresas e a xeración de emprego. A isto súmaselle a necesidade de dignificar ao traballo de campo e favorecer unha maior integración e igualdade nas profesións do sector primario, así como noutros ámbitos sociais ou empresariais”.

Social

Xuntanza GDR entidades locais

Representantes das entidades de inclusión social Aspadex, Aspaber, Cruz Vermella, Máis Porvir e Integro, participaron nun grupo de traballo para a elaboración da Estratexia de desenvolvemento local do Programa Leader 2023-2027 nas instalacións de Íntegro en Nantón, en Cabana. Nesta reunión, á que asistiron tamén representantes políticos e técnicos de concellos da zona, fíxose unha diagnose sobre as principais necesidades do territorio, de cara a garantir un futuro máis igualitario e inclusivo.

As entidades puxeron o foco na escasa dotación de servizos á poboación, sobre todo no relacionado coa mobilidade, a infraestrutura tecnolóxica, ou os propios servizos ás persoas. “É necesario apostar por unha maior integración das persoas con diversidade no ámbito laboral, pese ás barreiras ou limitacións que seguen tendo moitas entidades privadas, pero tamén públicas”.

Partipación berta

A última reunión do proceso de participación terá lugar o vindeiro 1 de decembro ás 18:00 horas de maneira virtual. Está previsto que sirva para contrastar e validar toda a información da diagnose realizada para a elaboración da estratexia, sentando tamén as bases para a definición dos obxectivos do vindeiro programa.

Podes participar na enquisa .

Comentarios