Xoves. 28.03.2024
El tiempo

XallasLab: Formación tecnolóxica para o futuro da mocidade xalleira

XallasLab en Santa Comba con Ayuda en Accion e Globalvia
XallasLab: Formación tecnolóxica para o futuro da mocidade xalleira

Continúa en marcha o singular proxecto proxecto L@bs40pps, no marco do XallasLab. Unha iniciativa do Concello de Santa Comba, impulsada pola ONG Axuda en Acción co apoio de Globalvia, que achega a tecnoloxía á rapazada de entre os 11 e os 20 anos, que busca romper as fendas dixitais e de xénero, e favorecer o éxito e a permanencia no sistema educativo.
Un proxecto que só se realiza na capital do Xallas, en Alacante e na localidade asturiana de Ribeiar de Arriba.

Durante as súas sesións, os participantes experimentarán con diferentes tecnoloxías como a impresión 3D, robótica, programación ou deseño web e gráfico, entre outras. A partir das aprendizaxes adquiridas, deseñarán proxectos sociais con base tecnolóxica, co fin de ofrecer solucións ás necesidades que identifiquen na súa contorna.

O proxecto trata de favorecer o achegamento no rural ás materias STEM -acrónimo dos términos en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Ingeniería e Matemáticas)-, enfocando moito a formación a un sector que “nos próximos anos en España crearanse máis dun millón de empregos digitales”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios