O xalleiro Nando Baña comeza a temporada de Taekwondo cun éxito en categoría Absoluta

Continúa no máximo nivel do taekwondo estatal o xalleiro Nando Baña Amigo. Esta pasada fin de semana arrincaba a nova tempada, xa en categoría absoluta a pesar de ter aínda 17 anos e poder competir en categoría sub21. E facíao cun novo éxito: a medalla de Bronceno Open Internacional Cidade de Riveira de Taekwondo, proba puntuable para o Ranking Galego da especialidade.
O xalleiro xa se bate cos mellores do país a pesar da súa mocidade. Nun dos mellores combates do evento, venceu o Campeón portugués Carlos Nunes Brito, nun duelo que lle permitiu entrar na loita polas medallas.
Cómpre resaltar que Baña está a comezar os seus estudos universitarios na cidade da Coruña, o que lle exise optimizar moito o seu tempo para poder seguir adestrando, pero éxitos como o desta pasada fin de semana, a bo seguro que o animará a seguir no seu esforzo por sacar a cabeza no Taekwondo nacional.
Novas relacionadas
- O muxián Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo.
- Novemnbro 19: Nando Baña, orgullo xalleiro, disputa o Open Internacional Isla de Gran Canaria de Taekwondo.
- 2018 Os xalleiros Fernando Baña e Dani García Recarey demostran o seu potencial.
- Febreiro 2017: O xalleiro Fernando Baña, na elite do taekwondo galego.