O xalleiro Fernando Baña, na elite do taekwondo galego


Parece que temos relevo para Anxo Fernandez, ese carnotán xa recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel. Fernando Baña, de 14 anos, parece que vai polo mesmo camiño se segue a súa imparable progresión no mundo do Taekwondo. Unha progresión que lle impide dedicarse ao fútbol, outro dos seus deportes favoritos, e ten todo un Dumbría infantil algo aparcado pola cantidade de campionatos nos que participa.

E campionato que vai, trofeo que leva para Santa Comba. Este xalleiro, fillo dun mítico futbolista homónimo, empezaba con 6 nas Escolas Municipais, e compite dende 2015 co Ximnasio Maniotas de Noia. Leva xa unha cantidade de títulos innumerable. Este ano quedou 1º no Circuito da Federación de Taekwondo en -57kg Cadete. Venceu en Ourense, foi Campión galego por partida doble en Guitiriz hai un par de semanas, como vemos no vídeo. Por todo iso é primeiro no ranking da Federación, sacando o doble de puntos aos seus rivais, e is que por idade é dos máisnovos.
Xa participou en decembro en Alicante no Campionato de España por equipos co Maniotas, no que perdiu contra o que rematou co medalla de bronce no último segundo, por entrar ao trapo…
Agora quere resarcirse esta vindeira fin de semana do 4 e 5 de marzo, pois volve a Alicante ao Campionato de España de Seleccións coa Selección Galega.
Cómpre sinalar que esta afección ao taekwondo de moitos nenos de Santa Comba vén da creación dunha Asociación In-nae, que significa perseverancia, que promove artes marciais en Santa Comba, e que conta co apoio do Concello e a tutela do ximnasio Maniotas.
Novas relacionadas
- O carnotán Anxo Fernandez, recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel.
- O Club Cee Deportes de Contacto comeza nova tempada cunha ampla oferta deportiva.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).