Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Novo Boletín Km.0 con colaboracións excepcionais

Novo Boletín Km.0 con colaboracións excepcionais
Mes de novembro e a Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño saca un novo Boletín KM.0 á rúa. Un boletín que se descargar dende o blog da plataforma ademais de atopalo polos establecimentos da vila do Cristo tanto en galego como en castelán. Este mes a publicación está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario, mantendo a liña de pór en valor o papel de Fisterra no Camiño así como todos aqueles valores materiais e inmateriais da vila.

Colaboracións destacadas

Neste número cabe destacar as novas colaboracións feitas por persoeiros de importancia a nivel local e nacional. Estamos a falar de Roberto Traba Velay, que fala das súas experiencias nos diferentes camiños que xa ten as súas costas; como sempre será unha visión particular e personal deste prolífico persoeiro fisterrán: poeta, articulista , dinamizador do entroido fisterrán e importante activista cultural dende xa fai moitos anos. Outro persoeiro, toda unha eminencia en historia e arqueoloxía galega, Felipe Senén López, Arqueólogo i escritor, Licenciado en Historia da Arte e que foi durante anos Director do Museo arqueológico de A Coruña está a colaborar coa plataforma na programación dun ciclo de cine sobre os Finisterres Atlánticos. A plataforma fisterrá adianta neste número algún dos contidos deste ciclo, achegando información sobre un dos filmes proxectados para este futuro ciclo de cinema. Outra colaboración nova virá da man do prestixioso Arquitecto César Portela, autor do Cementerio da fin do mundo e que ten nas súas mans o importantísimo Proxecto do Cabo Fisterra. A plataforma quixo saber como entende este arquitecto contemporáneo a Fisterra e plasma as súas impresións persoais nesta nova entrega do boletín KM 0.

Máis contidos

Outros contidos a destacar a maiores, dos xa presentes nos anteriores números , son a posta en valor dos cruceiros na vila fisterrana, como elementos testemuña dos avatares da historia da vila e unha nova sección “Hemeroteca” que acudará aos lectores a lembrar ou poñerse ao día sobre a condición de Fisterra como final do camiño. Na sección histórica poñen en valor a presencia dos “Nerios” na vila do Cristo. Ademais, o Boletín fai unha mención a María Marcote como a muller fisterrá máis lonxeva de Galicia, facendo un paralelismo coa situación mundial o día do nacemento desta xa fisterrá ilustre.

Novas relacionadas

Fonte e Máis información

Comentarios