xoves. 13.11.2025
El tiempo

Cabana celebra este sábado a súa festa musiqueira con 8 grupos da casa

CABANA - AS NOSAS MÚSICAS
Cabana celebra este sábado a súa festa musiqueira con 8 grupos da casa

A música cabanesa ultima os preparativos para gozar este vindeiro sábado 15 de novembro, da súa gran festa: o festival ‘As Nosas Músicas’ que como é costume desde hai uns anos por estas datas, encherá de maxia o auditorio municipal.

A cita dará comezo ás 18:00 horas e ao longo da tarde pasarán polo escenario ata nove artistas e agrupacións da localidade: Jacinto Paredes e os seus acordeóns, Inspiración, O Son do Castro, Grupo de gaitas Maruxía, Os Enxebres de Cabana, Vento da Barra, Os Farrapos e Barreiros&Mato.

Será un punto de encontro cultural e interxeracional ao redor dun dos grandes vertebradores da cultura cabanesa.

Comentarios