A Fundación Juana de Vega abre a nova edición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentaria
00:26 12/11/25
Un ano máis, a Fundación Juana de Vega volve lanzar o Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias. Un programa que xa ten apoiado numerosos proxectos empresariais do agro da Costa da Morte, que este ano na súa 14ª edición, chega co lema “tecer o futuro da Galicia rural”.
O prazo para que as empresas se presenten de cara á edición 2026 estará aberto ata o venres, 5 de decembro a través do formulario habilitado na web programadeapoyo.juanadevega.org.
Poden participar empresas do sector Agroalimentario (produción como transformación ou comercialización); Forestal; Bioeconomía; Marisqueiro e pesqueiro; e Proxectos de base tecnolóxica e servizos que dean soporte aos anteriores.