A actividade cultural volve ser a protagonista na fin de semana no concello de Vimianzo


O sábado os nenos e nenas do Concello de Vimianzo poderán gozar na biblioteca municipal do espectáculo infantil Os bos amigos da Compañía Trinke Trinke, dentro da programación de animación á lectura da que quincenalmente poden gozar os máis pequenos ata final de ano. A terceira actuación desta compañía, que tanto lles gusta ao público infantil, na biblioteca municipal no que vai de ano e aínda lle quedan un par delas para rematar co programa. A cita será ás 17 horas e clausurará o mes da cociña entre libros para pasar ao mes da infancia.
O domingo quenda para o público adulto novamente na Casa da Cultura, ás 20 horas no auditorio terá lugar a posta en escena de "E.R. Algún día traballaremos xuntas" da Compañía Teatro do Atlántico, onde vermos en escena ás actrices María Barcala, Manuela Varela, Luísa Merelas e Susana Dans dirixidas por Xúlio Lago.
Con esta representación teatral rematamos o tempo de teatro, xa que o vindeiro domingo 4 de novembro entraremos en "Tempo de música" que comezará co II Encontro de Corais da Costa da Terra de Soneira.
Novas relacionadas
- Lendo na cociña.
- Máis de 1.000 inscritos nas escolas culturais e deportivas do Concello de Vimianzo.
- O Concello de Vimianzo presenta un curso cheo de Teatro e Escolas Municipais.