Venres. 29.03.2024
El tiempo

A artesanía e a tradición enchen de vida o Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo

A artesanía e a tradición enchen de vida o Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo

Un luxo contar con dous espazos patrimoniais vivos como o Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo. Esta fin de semana ambos pazos acollían novas exposicións que aumentar o interese por visitaos durante estas vacacións.

Traxe tradicional nas Torres do Allo

Mostra de Traxe Tradicional nas Torres do Allo 5 Mostra de Traxe Tradicional nas Torres do Allo

Abríu este pasada fin de semana a Exposición de Traxe Tradicional da Comarca de Soneira nas Torres do Allo. Durante a presentación, o alcalde de Zas Lolo Muíño quixo destacar a importancia da exposición, e dixo que era unha das primeiras veces que se fai unha exposición así. Interesantísima ademais a viaxe de Lupe Nieto, do organizador Grupo de Baile Churía de Zas, que fixo un percorrido por cada un dos traxes.

Unha exposición que recolle moi ben o que é o traxe tradicional propio da Comarca de Soneira. Non é que sexa moi distinto do resto de Galicia, pero si que hai puntos distintivos moi singulares, como un sombreiro, parecido ao sancosmeiro de Mazaricos, pero feito en Prudenza, Zas; os panos de Ramo, mantóns bordados e flecados a man, moi propios da época; ou os mantóns de 8 puntos que amosaban o poderío da casa que os tiña. Pezas singulares de alto valor económico e sentimental.

A exposición conta cunha manchea de hai, zocos, roupa interior… todas feitas antes da revoución industrial, feitas a man.

Durante a Semana Santa, as Torres do Allo abren de 11 a 20 horas.

Presentacion da exposicion do Traxe tradicional soneiran nas Torres do Allo O alcalde de Zas, Lolo Muíño, o teniente alcalde Oscar Lema e o Concelleiro de Cultura Lito García Velo, na presentación da exposición do Traxe tradicional soneirán nas Torres do Allo

Prata e cristal no Castelo de Vimianzo

Esther Ferreiro expón xa no Castelo de Vimianzo. Unhas das artesás que mantén vivo o Castelo todo o ano, conta cunha orixinal montaxe expositiva ideada para enmarcar a mostra “Unha xanela á beleza”, situada na cociña da fortaleza, e que se poderá visitar ata o 24 de abril.

A artesá de Santa Comba, especializada na xoiería de prata e cristal de Murano, a súa manufactura está recoñecida co selo de calidade “Artesanía de Galicia”. A exposición resultado dunha longa investigación por parte de Ferreiro, introduce por primeira vez a madeira na súa produción, indagando sobre as distintas texturas e as contrastadas sensacións entre o vidro e o frío metal coa calidez das madeiras nobres.

Esther Ferreiro, entre a concelleira Marta Rey e o alcalde Manuel Antelo, na súa exposición da cociña do Castelo de Vimianzo Esther Ferreiro, entre a concelleira Marta Rey e o alcalde Manuel Antelo, na súa exposición da cociña do Castelo de Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios