Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Xunta Local de Seguridade de Vimianzo confirma o baixo índice de criminalidade do concello

A Xunta Local de Seguridade de Vimianzo confirma o baixo índice de criminalidade do concello
Xunta de Seguridade Local en Vimianzo

A alarma social xerada hai xusto un ano tras unha serie de roubos no Concello de Vimianzo, parece ir calmando. Non hai novos episodios nos últimos meses, como confirmaba onte a Xunta Local de Seguridade, convocada dende o pasado mes de xaneiro.

O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, presidiron esta Xunta coa presencia da Garda Civil e Policía Local. Os datos analizados reflicten uns baixos índices de criminalidade, que resultan inferiores tanto á media provincial como á media da Comunidade Autónoma, manténdose as cifras de criminalidade similares ás constatadas no ano anterior. Unha demostración de que a alarma social creada puido ser algo esaxerada, impulsada ademais por certos medios sensancionalistas.

O encontro serviu tamén para coñecer os plans específicos de colaboración entre os distintos corpos, co obxectivo de que se adopten medidas de seguridade pasiva, con carácter preventivo, durante a celebración de eventos, festividades e outras concentracións en que se xunten un número importante de persoas.

Xunto a Atán e a Antelo asistiron á Xunta Local de Seguridade a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña; o xefe de posto da Garda Civil de Vimianzo, o xefe da Sección de Investigación da Unidade adscrita á Xunta de Galicia, José Bouzada; as concejalas de Cultura, Deportes e Policía Local e de Protección Civil, Medio Ambiente e Mocidade, Marta Rei e Estephanie Castro; a secretaria do Concello de Vimianzo, María Cristina Varela; e un representante do Corpo de Policía Local de Vimianzo, Calixto González. Novas relacionadas Fonte

Comentarios