Venres. 21.06.2024
El tiempo

Vimianzo fará un paseo polas estrelas para achegar a observación astronómica á veciñanza

PASEO POLAS ESTRELAS - VIMIANZO
Vimianzo fará un paseo polas estrelas para achegar a observación astronómica á veciñanza

O Concello de Vimianzo fará o vindeiro venres, 3 de maio, un paseo polas estrelas. Trátase da primeira actividade de observación astronómica que pretende dar a coñecer e achegar a observación astronómica á cidadanía local e visitantes.

Terá lugar a partir das 22:30 horas no Alto de San Bartolo, en Salto, día para o que se agardan unhas condicións de visibilidade “óptimas”, tanto pola posición da lúa como pola meteoroloxía prevista para esta data. A localización é o lugar ideal para contemplar as estrelas e forma parte da Rede de Miradores Estelares do Destino Starlight Costa da Morte.

A actividade estará guiada por Begoña E. Brao e Antón P. Pérez, monitores do primeiro destino Starlight de Galicia, as Illas Cíes. Ámbolos dous realizaron, ademais, un curso de formación na Costa da Morte, polo que coñecen á perfección a zona e as súas características. Estarán acompañados pola técnica de Turismo, Mariví Amigo, e a de Cultura, Nieves Lema, que posúen o certificado de monitoras starlight.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través desta ligazón.

Máis novas

Comentarios