Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo

Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
Os postos de artesania e de productos ecoloxicos tenen cabina na VI feira artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo Os postos de artesanía e de productos ecolóxicos tenen cabida na VI feira artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo Despois desa primeira reunión organizativa para o Asalto ao Castelo 2016, os organizadores acaban de abrir o prazo para apuntarse como feirante na VI feira artesanal que terá lugar o vindeiro 2 de xullo coincidindo coa festa. O mercado de artesanía e de productos ecolóxicos combínase con diferentes actividades da programación do sábado que fan que en todo momento haxa algo que facer na vila. O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto e remata o xoves 30 de xuño. Cómpre lembrar que no mercado artesanal non se poden vender produtos destinados a seren consumidos durante a propia feira. Si está aberta á artesanía e produtos ecolóxicos. Outro elemento imprescindible a ter en conta é que o posto - que non pode superar os 3 metros de ancho - se debe ambientar ao estilo do medievo e os feirantes deben ir vestidos da época. Para participar, os interesados deben abonar 20 euros en concepto de fianza no número de conta da organización  - ES61 0133 6801 7942 0000 1284 - dos cales 10€ seranlle devoltos no caso da súa asistencia á feira, mentres que os outros 10 servirán como fondo para a colaboración coa festa do Asalto ao Castelo. No caso de non asistir, non lle serán reembolsados os 20€. Debe achegar xustificante de pago, onde figure o nome e apelidos do feirante, onome do posto e sinalar como concepto “Feira Artesanal”. Este pode ser fotografado ou escaneado e envialo a través do formulario na web ou á conta de correo [email protected]. ¡¡Lume Irmandiños!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios