sábado. 25.07.2026
El tiempo

Avanzan as quendas do Vimiverán conciliando arredor da eclípse

vimiaventura Baiñas
Equipo da quenda de Baíñas
Avanzan as quendas do Vimiverán conciliando arredor da eclípse

O Concello de Vimianzo vén de rematar a segunda quenda de Vimiverán 2026, na que participaron 108 nenos e nenas nas actividades de VimiDeporte e VimiAstronomía, desenvolvidas no Pavillón Municipal, e 22 participantes en VimiAventura, no pavillón de Baíñas.

VIMIVERAN
O campamento de Vimianzo

Durante estas semanas, a rapazada participou nun amplo programa de actividades deportivas, educativas e de lecer. VimiDeporte combinou actividade física, xogos e rutas pola contorna, mentres que VimiAstronomía achegou aos participantes ao coñecemento do universo e da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026. Pola súa banda, VimiInformática,  desenvolvida na Aula CEMIT da Casa da Cultura, permitiu ás  10 crianzas iniciarse nas competencias dixitais mediante actividades prácticas, creativas e adaptadas á súa idade. En Baíñas, VimiAventura completou a oferta con xogos, dinámicas ao aire libre e actividades de convivencia.

Nesta edición, a eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 converteuse no gran fío condutor de toda a programación. A través de VimiAstronomía, as crianzas descubriron como se produce este fenómeno astronómico, aprenderon a observalo con seguridade e elaboraron proxectores estenopeicos con material de refugallo, realizando prácticas de observación indirecta do Sol. Esta temática estivo presente, de maneira transversal, no conxunto das actividades do campamento.

A programación completouse con rutas de sendeirismo, xogos cooperativos, obradoiros de igualdade, actividades de consumo responsable, veladas nocturnas, procura do tesouro e numerosas propostas destinadas a fomentar hábitos saudables, a convivencia, o respecto polo medio e a curiosidade científica.

A concelleira de Benestar Social, María José Pose, destacou que "Vimiverán é un servizo fundamental para favorecer a conciliación das familias durante o verán, pero tamén un espazo onde a rapazada aprende, convive e desfruta de experiencias enriquecedoras".

Desde o Concello de Vimianzo destacan a excelente participación da rapazada e agradecen a implicación das familias, así como o traballo desenvolvido polo equipo de monitoras e monitores, que contribuíu ao éxito desta segunda quenda.

Vimiverán continuará nas próximas semanas coa terceira quenda, mantendo a eclipse solar como eixo pedagóxico transversal e ofrecendo novas experiencias educativas e de lecer para a infancia do municipio.

O programa está cofinanciado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdad do Goberno de España e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Comentarios