martes. 28.07.2026
El tiempo

A Sala Antón Mouzo acolle a exposición de Diego Pérez Carpeño

expo Diego Pérez  AGUAS
A Sala Antón Mouzo acolle a exposición de Diego Pérez Carpeño

O Concello de Vimianzo inaugurará o vindeiro 6 de agosto, ás 12:00 horas, na Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura, a exposición de pintura Aguas, do artista Diego Pérez Carpeño, organizada en colaboración con Ponteceso Cultura Permanente.

A mostra, que poderá visitarse do 6 de agosto ao 20 de setembro, reúne 20 obras nas que a auga é a protagonista. A través desta colección, o autor aborda dúas visións complementarias: por unha banda, a beleza e a serenidade das paisaxes modeladas pola auga; e, pola outra, a deterioración e os danos que a acción humana está a provocar nun recurso imprescindible para a vida.

Tomando a auga como fío condutor da exposición, Diego Pérez Carpeño convida o público a percorrer un universo de emocións contrapostas, no que conviven a calma e a contemplación coa preocupación e a denuncia ambiental. Esta dualidade reflíctese tamén na súa linguaxe pictórica, que transita con liberdade entre o realismo, o impresionismo e outras correntes, sen limitarse a un estilo único.

A inauguración terá lugar o 6 de agosto ás 12:00 horas e a entrada será libre. A exposición poderá visitarse ata o 20 de setembro no horario habitual da Casa da Cultura.

Máis novas

 

Comentarios