Xoves. 24.09.2020
El tiempo

Adiante Vimianzo lanza unha proposta de medidas para paliar a crise

A concelleira de Adiante Vimianzo, Marta Rey, participou no último pleno virtual dende casa
A concelleira de Adiante Vimianzo, Marta Rey, participou no último pleno virtual dende casa
Adiante Vimianzo lanza unha proposta de medidas para paliar a crise

Os concelleiros e concelleiras de Adiante Vimianzo veñen de presentar un pleno para abordar unha serie de medidas para paliar os efectos económicos e sociais da Covid19.

Propoñen dende medidas concretas como a adquisición de 200 ordenadores portátiles, 70 tabletas, 150 impresoras e 150 dispositivos de acceso a internet 3G/4G para préstamo, a diversos colectivos sociais (tendo preferencia no actual contexto os escolares) ata a creación dunha comisión non permanente.

O grupo da oposición tamén piden o establecemento dunha serie de axudas de emerxencia social para mitigar as causas de peche de empresas e comercios e evitar o risco de exclusión social das persoas que optaron pola actividade económica como autónomas.
Ademais, propoñen crear dúas serie de axudas de emerxencia social para evitar o risco de exclusión social das persoas empregadas que quedaron sen traballo, a través dun mínimo de renda persoal durante catro meses; e outra para familias que contan con escasos ingresos para o pagamento do alugueiro, alimentos básicos e de gas butano.

Tamén pide a adquisición de máscaras confeccionadas por comercios, persoas autónomas e asociacións vimiancesas, así como de luvas e desinfectante, como elementos barreira fronte ao COVID19 para o reparto gratuíto e proporcional entre a poboación do concello.

Solicita ademais a creación e promoción dunha plataforma de venda online do comercio vimiancés, como o recén estreado xalleiro.

Considera necesaria a elaboración dun plan de uso dos espazos públicos que permita á hostalaría un uso máis extensivo das terrazas, cando menos, dende o sábado ás 18h ata o domingo ás 15h.

Para todo, propón unha modificación orzamentaria para afrontar todas estas iniciativas.

comentarios