O Asalto completa os dous días de cartel

Despois do primeiro avance dun sábado 5 de xullo espectacular, as Asoc. Cherinkas e Axvalso completan o cartel para o festival Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025. O venres 4 de xullo estarán en Vimianzo os arxentinos Che Sudaka, os da Barbanza Monoulious DOP, e o afrotaliano La Yaya Dj.

Así, maridaremos os sons de cumbia, ska e punk, coa divertida festa pangalaica rock, funkipop e disco, coa sesión ecléctica de peche de festa.

Estas incorporacións reforzan o venres como unha auténtica noite de festival, sumándose ao xa anunciado sábado 5 de xullo, que contará coas actuacións de Alana, The Rapants, Heredeiros da Crus, Firkin e Mekanika Rolling Band.

O festival posterior á Cea Medieval do venres continuará sendo de entrada gratuíta, mentres que os concertos do sábado requirirán a compra de entradas, que se poden adquirir en asaltoaocastelo.gal.