Asalto irmandiño aos institutos de Vimianzo

A A.X. Cherinkas proponse fichar aos máis xóvenes para o Asalto 2013. Como cada ano, os organizadores do Asalto ao Castelo intentan facer partícipes da festa a todos e cada un dos veciños da Costa da Morte, pois consideran que a Revolta Irmandiña só se pode entender en clave colectiva.

Deste xeito, o Asalto 2013 xa comeza a tomar forma, pois as asociacións xa comezaron a traballar para esta XVIII edición. Como novidade neste 2013, decidiron ir a polas xeracións máis novas a través duns actos extraescolares, facendo chegar a festa medieval aos institutos dos arredores a través dunhas actividades.

O obxectivo é amosarlles aos rapaces como se articula o traballo en equipo dentro da organización e facerlles percibir a esencia histórica e artística da festa. As actividades propostas están relacionadas co desenvolvemento da creatividade dos estudantes, a participación en diversos concursos e a colaboración directa no Asalto como voluntarios.

Concurso Artístico

Polo de pronto, búscase difundir a iniciativa polos Centros e dar con participantes para o Concurso Artístico que presenta tres bloques diferenciados: texto teatral, cartel e curta.

As bases están na páxina web www.asaltoaocastelo.org e no Facebook da festa www.facebook.com/asaltoaocastelo.

O luns 4 fíxose a presentación da idea no IES Terra de Soneira, mentres ao resto de institutos da Costa da Morte se lles enviou unha circular informativa.

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).