Venres. 23.08.2019
El tiempo

O Asalto definitivo (en vídeo)

O Asalto definitivo (en vídeo)

Impresionante o traballo do Teatro du Cherinkas. A panda de frikis do Vimianzoo artellaron unha das mellores actuacións teatrais dos últimos tempos neste XVII Asalto ao Castelo de Vimianzo 2012 coa obra titulada "Reconstrución. O soldado Fénix", creada e dirixida por Ghillermo, e levada a cabo por un grupo de actores, da casa e con moita ilusión.

Aquí queda o vídeo da escena completa, 45 minutos de historia teatral nunha paraxe espectacular. Esta é a primeira parte da obra, representada no escenario do recinto da festa que argumenta con humor e drama os motivos polos que os campesiños deciden porse en pé e asaltar a fortaleza opresora soneirán.

E aquí a a segunda e definitiva parte da obra, representada no marco incomparable do castelo soneirán no que se resolve a gran revolta labrega contra a opresión da nobreza baixo unha loita encarnizada e acompañada de espectaculares efectos visuais.

Máis información

Novas irmandiñas

Máis novas

Fonte

Asalto Castelo 2012 video final

Comentarios