Luns. 13.07.2020
El tiempo

A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña

A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña

Agora si. Quedou clausurado o Asalto 2011, e o fixo coa festa Postasalto 2011. Unha celebración na que os implicados dalgún modo no proxecto XVI Asalto ao Castelo de Vimianzo, e simpatizantes desta festa, "liberaron tensións, espantaron pantasmas e desfrutaron dunha tarde fantástica en magnífica compaña".

É o xeito que pensaron na organizadora A.X. Cherinkas para descargar tensións e celebrar o traballo ben feito. Na festa, que se desenvolveu o pasdo 27 de agosto, houbo de todo: comilona, xelados, caña con pingas de café, petanca, tiro da corda, salto á comba, gladiator e moitas outras actividades que prolongaron a festa ata altas horas da madrugada...

Nós, dende aquí tamén queremos renderlles a nosa homenaxe e felicitalos polo seu gran traballo. Unha forte aperta irmandiña á toda a comunidade vimiancesa.

Novas relacionadas

Máis novas irmandiñas

Fonte

comentarios