Unha de vídeos para clausurar o Asalto ao Castelo 2011


A resaca do XVI Asalto ao Castelo de Vimianzo segue latente. De feito esta mesma fin de semana os integrantes da organizadora A.X.Cherinkas clausuran a edición cunha comida para colaboradores e simpatizantes. A cita acollerá ademais o xa clásico Campionato de Petanca.
Pero quen non para é Ghillermo, director da representación teatral, que xa está editando e editando vídeos sobre os ensaios e Representación Teatral do Asalto 2011. Neles podemos ver as entrañas desta "Praza Esperanza. A Lenda do Aforcado", e dar conta do grandísimo traballo de grupo de mozos vimianceses.
Aí está o traballo de artistas como Irene Espasandón, Teresa Ferreira, Pedro G. Pasantes, Roberto, Ivana, Juangimel, Pichi, Félix, Fran de Urroa, Javi Cotelo, Humberto Maroñas, Brais Caamaño, Alberto Mancebo, Chuchi, Damián Espasandín, Jorge Lema, Julito e Álex Lema. E os detrás das cámaras, con outro grande equipo formado pola maquillaxe de Loli Insua, a magnífica grabación de Mayka Leis e Lucía Loza, Elena Rodríguez co atrezzo, a magnífica fotografía de Isa Bouzas, a enorme colaboración nas luces de Benxa e Iván, a fantástica axuda de José Ramón durante a representación e o espectacular escenario que preparou Óscar de Urroa, os fachos de Diego Hermida e Marcos Graíño, Marcote cos tamborileiros, a Trubisquiña coas pandeiretas, e unha morea de colaboracións máis.Aquí vos deixamos con varios vídeos das diferentes esceas da representación. Uns vídeos, por certo, adicados á memoria de Félix De la Sierra, veciño irmandiño que falecía uns días despois da celebración do Asalto.
O que a memoria esquece - Resumo dos ensaios
Representación do Asalto 2011 (escena I - Don Corvo. A Introdución)
Representación do Asalto 2011 (escena II - O Arcebispo e a Vizcondesa. A audiencia)
Representación do Asalto 2011 (escena III - Verdugo, Bufón e Vizcondesa. A execución (parte I))
Representación do Asalto 2011 (escena IV - Verdugo, Bufón e Vizcondesa. A execución (parte II))
Representación do Asalto 2011 (escena V - Verdugo, Bufón e Vizcondesa. A execución (parte III))
Representación do Asalto 2011 (escena VI - A Virxe de Guadalupe: A Milagre)
Representación do Asalto 2011 (escena VII - Os Defensores. O Asalto (parte I))
Representación do Asalto 2011 (escena VIII - Os Desenlace. O Asalto (parte II))
Novas relacionadas
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2011: A artesanía irmandiña.
Máis novas irmandiñas
- A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- Galería de imaxes do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto ao Castelo 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
- O derradeiro vídeo do XV Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- A "Resistencia Irmandiña do 1467" xa no youtube.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).