Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas intercambia experiencias coa Young People europea

Camariñas intercambia experiencias coa Young People europea
A mocidade de Camarinas participa no proxecto europeo YPAD

Hai dous anos o Concello de Camariñas logrou entrar nun programa europeo chamado Europe for Citizens Programme. En Borgotaro (Italia) un representante de Camariñas reuníase con outros representantes doutros países onde comezou un proxecto dentro dese programa co nome YPAD, Young People and Development. O obxectivo do programa consistiría en intercambiar boas prácticas entre os municipios socios en temas tan importantes para a xuventude como o desemprego, a formación e o autoemprego.

O Concello fixo unha chamada a tódolos mozos do municipio que estiveran interesados e souberan falar inglés, o idioma oficial do proxecto. Así creouse un pequeno grupo formado por estudantes/titulados universitarios: Jose (enxeñeiro técnico agrícola), Isabel (enxeñeira técnica de obras públicas), Cristina (graduada en turismo) e Silvia (licenciada en psicopedagoxía) e coordinado por Emilio González (ADL) e Sergio Caamaño (Concelleiro de Desenvolvemento). Este grupo viaxou a Pitea (Suecia), Masku (Finlandia) e Forlí (Italia).

En Masku, o IES Pedra da Aguia incorporouse a este proxecto ca presencia de Jacobo (xefe de estudios do IES Ponte do Porto). E actualmente, antes da reunión en Ferrol, incorpóranse Dan (auxiliar de conversación e estadounidense), varios estudantes do IES Pedra da Aguia: Fátima, Adela, Carlos e Laura; dous rapaces máis: Jorge (técnico superior en restauración) e Sabela (diplomada en turismo da Asociación de Empresarios de Camariñas), o xefe de estudos do IES Terra de Soneira e cinco estudantes: Yolanda, Xaquín, Yousra, Laura e Melisa.

Esta semana este gran grupo xuntouse no salón de plenos do Concello para preparar a reunión que terá lugar en Ferrol: “Raising awareness in the municipality to face and overcome lack of communication” (a sensibilización no municipio para afrontar e superar a falta de comunicación). O día 8 seis membros do grupo de Camariñas participarán nos seminarios “Ferrol and Surrondings, economy and society” e “Communication with young people”. O día 6 tódolos membros (20) participarán nas mesas de traballo sobre a comunicación ca xente nova.

Vindeira cita en Camariñas

Despois de Ferrol a próxima e última reunión será en maio e en Camariñas. Nesta expoñeranse os resultados deste programa de mans de tódolos mozos e socios europeos participantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios